lunes, 26 de septiembre de 2016

Día de Vendima


O alumnado de 5º e 6º desplazouse hoxe ao concello de Cambados a realizar as labores de vendima.
 Mediante o profe Felipe puidemos contactar con Rodrigo, da bodega Forxas do Salnés, o cal accedeu á nosa petición de visitar a viña e a bodega.
Sobre as dez e cuarto da mañá aparecemos 80 nenos máis 5 mestres na viña que a bodega ten en Sisán, e logo de distribuírnos en pequenos equipos e recibir as indicacións e ferramentas pertinentes puxémonos MANS á obra, pasándoo así de ben.
                                                   
  Preme aquí para ver as fotos 

A continuación  leváronnos á bodega onde, dun xeito tradicional, tivemos a oportunidade de pisar a uva. (6º)


Preme aquí para ver as fotos
E de facer zumo coas MANS (5º)
Preme aquí para ver as fotos

Non podemos estar máis agradecidos, a toda a xente da bodega por deixarnos ser partícipes de tan grata experiencia mil, mil e mil Grazas!
E para coñecela un chisquiño máis a fondo, deixámosvos este video cedido polo fotógrafo e amigo da bodega, Félix Méndez.




viernes, 23 de septiembre de 2016

Quen será, será?


Díxome un paxariño
que chegou ao Valle-Inclán
un amiguiño novo
que moito nos vai ensinar.

Búscao nos corredores
se o queres saudar, 
axuda a poñerlle nome
que aínda o estamos a pensar.



sábado, 17 de septiembre de 2016

Imos de pesca!!!



 Agora que "baixa a marea" para dar paso ao cultivo da terra, o alumnado de 4ºA aproveitou para ir de pesca.
Os espazos do cole pouco a pouco van mudando para dar protagonismo ao noso novo tema, e non queremos desaproveitar a oportunidade de aprender e xogar que nos ofrece a ocasión dun cambio. 
  



  Estes rapaces e rapazas estiveron desmontando o mural da entrada, ese no que tantos de vós vos parádeches a botar unha partidiña nas vosas visitas ao centro. 


 Así con ese xogo de buscar estiveron repasando o aprendido no curso pasado.
 



jueves, 15 de septiembre de 2016

Benvidos xentiña do cole!

    Estamos de volta!!!! Comezamos cargadiños de ideas e novidades para volver a disfrutar novamente dun curso xenial.
    
    A experiencia de por en marcha o proxecto  Vivir tocando o mar  foi tan satisfactoria, que non puidemos remediar as ganas de volver a disfrutar con actividades que nos unen a tod@s, nas que aprendemos uns e outros.

    Por iso, aquí estamos, cun pequeno salto "do mar á terra"; un proxecto que nos vai embarrar as mans, xa que dá comezo: 
 
"Mans de terra"