sábado, 24 de junio de 2017

Recollendo o froito!

Os nenos e nenas de cuarto recolleron a súa produción de ceboliño. 
E ben parece que non se lles dou nada mal!!!!



jueves, 15 de junio de 2017

OS DE SEXTO VIAXAN AO PASADO

BOS DÍAS!
Onte pola mañá os nenos de sexto do Valle Inclán foron estudar a vida dos seus antepasados ao Quinteiro do Temperán.
 Para iso contaron coa axuda da guía Estrela que guiounos por todo o percorrido do Quinteiro. Alí Estrela explicoulle como vivían os seus visavós e como se alimentaban. Ademais de pasalo ben tamén aprenderon, é dicir estudaron e aprenderon disfrutando.
Estrella explicoulles como cociñaban, como dormían, como se bañaban..
 Todo o que podades imaxinar. Logo o seu compañeiro Rober  guiounos polo  xardín do Quinteiro onde observaron e oleron hermosas aromas que usaban os seus antepasados para curarse, xa que os médicos as veces tardaban moito en chegar as súas casas e se dolíalle moita a ferida  tiñan que curarse eles mismos. Máis tarde foron estudando os nomes das distintas ferramentas que usaban, que por certo había un montón, e iso que no observaron todas, xa que iban iban mal de tempo. E antes de acabar a nosa visita ao Quinteiro a súa simpática guía Estrella, ofrecéulles un rico trozo de pan  a cada un deles, que o comeron con moito gusto.
 

Despois dun fermoso percorrido no Qinteiro, Quinn levóunos a facer unha excursión pola fermosa flora de San Vicente. Onde ademais de aprender observaron as vistosas árbores e o extenso só de arbustos. Quinn levóunos  despois de iso aos antigos castros de San Vicente, onde  lle contou intrigantes historias deles. Tamén foron ao lugar de onde naceu o Grove. Máis tarde foron ao Adro Vello onde memorizaron xuntos as partes da súa existencia
Por último fixeron  un xogo xuntos que consistía en facer o plano do Adro Vello, que o fixeron moi ben para ser a primeira vez. E con isto acabaron a súa visita ao Quinteiro.

miércoles, 31 de mayo de 2017

Mans de Terra: a por la frambuesa!


Queredes ver como nos foi e que ben o fixeron os nosos rapaces e mestres no concurso de Proyecta Ensino?
Aquí tedes o video

Agora toca agardar polo veredicto!
Cruzamos os dedos!!!!!

domingo, 14 de mayo de 2017

"Mi amigo el espantapájaros" Conto con pictos


Na aula da profe Elena, Adri inventou un conto con pictogramas titulado "Mi amigo el espantapájaros" para contar aos máis peques do cole, un público moi esixente que quedou encantado con Adri e os seus axudantes.














miércoles, 10 de mayo de 2017

Mans de terra "voadoras"

Na clase da profe Elena, de estimulación da linguaxe oral, traballamos o soplo cunhas "mans" elaboradas polos propios nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos. Pasárono pipa!!!!!






jueves, 4 de mayo de 2017

As nogueiras medraron!!

Como contamos anteriormente, xa plantamos nas cabeceiras do noso horto as noces xerminadas.
Despois de moito traballo e esforzo as nosas nogueiras creceron!! Na horta na que traballamos xa podedes observar a pequena árbore.  E cando medre teremos que levalas a outro lugar para que poidan seguir crecendo e así ofrecernos os seus ricos froitos, as noces.

miércoles, 3 de mayo de 2017

De supernoraboa!!!!!

No cole estamos de supernoraboa. Presentamos o noso traballo aos premios "Proyecta Ensino" e clasificámonos como Finalistas con outros seis centros.
O día 12 de maio temos que exponer/defender a nosa candidatura ante un xurado composto por profesionais da ensinanza de recoñecido prestixio a nivel nacional.


Deixámosvos o video que realizamos para presentarnos ao concurso, disfrutádeo e noraboa pola parte que vos toca!!!!


jueves, 20 de abril de 2017

SOS!!!!! Plaga de Pulgóns


Recén chegados das vacacións atopámonos cunha desagradable sorpresa. As nosas prantas de fabas lobas estaban repletas de pulgóns.










Coa profe Luz aprendemos que os pulgóns aliméntanse da pranta succionando a súa savia, impedindo o crecemento da mesma.
Tamén nos contou a relación que estes bichiños teñen coas formigas, que se ven compensadas coa melaza producida polos pulgóns, a cal puidemos ver nas follas da pranta.

A profe proporcionounos uns remedios para acabar coa plaga. Transmitiunos unha receita a base de auga e xabón para desfacernos do pulgón.




sábado, 25 de marzo de 2017

Poda dos rosais.



Os dous grupos de sexto encargáronse de adecentar os arredores da casa do conserxe. Para a labor de poda contamos cun experto na materia, experto na poda e no trato cos rapaces, xa que se trataba do mestre xubilado Xosé Ramón, antigo compañeiro do noso cole.
Aprendemos  qué ramas se deben sacar e o por qué de facelo. E tamén os coidados necesarios para que a planta non enferme polo corte. E xa vedes que nos puxo a todos a traballar!!!!



E como curiosidade explicounos como se realiza un inxerto.





lunes, 13 de marzo de 2017

Bombas de semilla

Estas bombas adquiríronse coas doazóns recaudadas na actividade levada a cabo no mercadillo do pobo, e grazas as aportacións desinteresadas dos veciños de O Grove.

O fin último destas bombas é crear un xardín solidario no noso cole que materialice o noso traballo en valores ao mesmo tempo que colaboramos coa ONG Semilla para el cambio.


                                                                                     Mans de Terra
                                                                                ceip Valle Inclán



viernes, 10 de marzo de 2017

8 de marzo. Día da Muller

Tivemos a sorte de contar con Adelina Padín neste día, para que nos falase da horta. Esta muller, importante en O Grove polos seus coñecementos sobre permacultura e biodinámica, agasallounos pasando unha mañá completa, con todos os alumnos do noso cole. Falamos de bichería, de prantas que se axudan unhas ás outras, e aconsellounos sobre as nosas parcelas.
Non vos verdades o video, foi unha mañá xenial!!!!!!


Graciñas Adelina!!!!!

jueves, 9 de marzo de 2017

Mulleres importantes preto de ti: Videos

Aquí podedes ver os magníficos traballos presentados polos alumnos e alumnas, disfrutade das cousiñas que nos contan. E hai que decir que son todos uns ARTISTAS!!!!



























jueves, 2 de marzo de 2017

Mulleres importantes preto de ti.

8 DE MARZO DE 2017 DÍA DA MULLER
Cóntanos nun video de 21”

PON O MANDIL E FÁLANOS DEL 
PARA QUÉ SIRVE ESTA PRENDA?
QUÉN A UTILIZA?
Entrega o teu video entre o 6 e o 10.
page1image5768
MANDIL
page1image6376
Mulleres importantes moi preto de ti.
Cóntanos a que se adican esas mulleres; irmáns, avoas, curmás, tías, nais; esas mulleres importantes que están preto de ti, e tamén, quén e cando se poñen este mandil. Grava un video orixinal, pídelles que saian contigo. Tedes 21”......e sobre todo, pasade un rato divertido.
8 DE MARZO DE 2017 DÍA DA MULLER 

miércoles, 1 de marzo de 2017

Desfile de Entroido 17


Cenorias, setas, tractores, frores, espantallos, xardíns e xardineros. Este ano non podía ser doutro xeito, así se vivíu o entroido no 
Valle Inclán.



viernes, 24 de febrero de 2017

O xogo da miñoca.

Os nenos e nenas de primeiro e segundo pasaron un rato xogando a este xogo sobre resíduos.

Queredes saber como se xoga?


pincha no video que eles volo explican


lunes, 20 de febrero de 2017

Parcela de primeiro

Os nenos e nenas de primeiro estrearon a súa parcela de horto, atrevéronse co brócoli morado, co allo porro, con allos e con cebolas moradas.

Agora a esperar, a ver se se lle dan!!!




sábado, 18 de febrero de 2017

Somos uns curiosos

   
Viñamos de volta da plaza do Corgo e topamos no camiño co composteiro comunitario de O Grove. Como somos uns curiosos non puidemos resistirnos a botar un ollo.






Xa temos en funcionamento o noso, visitade "Aventuras o Composteiro", mirada que ben o facemos.