viernes, 24 de febrero de 2017

O xogo da miñoca.

Os nenos e nenas de primeiro e segundo pasaron un rato xogando a este xogo sobre resíduos.

Queredes saber como se xoga?


pincha no video que eles volo explican


lunes, 20 de febrero de 2017

Parcela de primeiro

Os nenos e nenas de primeiro estrearon a súa parcela de horto, atrevéronse co brócoli morado, co allo porro, con allos e con cebolas moradas.

Agora a esperar, a ver se se lle dan!!!




sábado, 18 de febrero de 2017

Somos uns curiosos

   
Viñamos de volta da plaza do Corgo e topamos no camiño co composteiro comunitario de O Grove. Como somos uns curiosos non puidemos resistirnos a botar un ollo.






Xa temos en funcionamento o noso, visitade "Aventuras o Composteiro", mirada que ben o facemos.

viernes, 17 de febrero de 2017

Mans arriba. Isto é unha Aperta!


O 16 de febreiro vimos de celebrar o día dos abrazos. Todos os membros do cole fixemos cadansúa chapa, escollendo un dos seguintes debuxos relacionados co traballo deste proxecto.

Esta iniciativa, que partía do Equipo de Dinamización da Língua Galega, consistía en atopar compañeiros que levasen a mesma chapa que a túa, e agasallarse cun abrazo.

Foi un día moi divertido, no que o que máis e o que menos se deixou mimar cunha agarimosa aperta.


sábado, 11 de febrero de 2017