sábado, 24 de junio de 2017

Recollendo o froito!

Os nenos e nenas de cuarto recolleron a súa produción de ceboliño. 
E ben parece que non se lles dou nada mal!!!!



jueves, 15 de junio de 2017

OS DE SEXTO VIAXAN AO PASADO

BOS DÍAS!
Onte pola mañá os nenos de sexto do Valle Inclán foron estudar a vida dos seus antepasados ao Quinteiro do Temperán.
 Para iso contaron coa axuda da guía Estrela que guiounos por todo o percorrido do Quinteiro. Alí Estrela explicoulle como vivían os seus visavós e como se alimentaban. Ademais de pasalo ben tamén aprenderon, é dicir estudaron e aprenderon disfrutando.
Estrella explicoulles como cociñaban, como dormían, como se bañaban..
 Todo o que podades imaxinar. Logo o seu compañeiro Rober  guiounos polo  xardín do Quinteiro onde observaron e oleron hermosas aromas que usaban os seus antepasados para curarse, xa que os médicos as veces tardaban moito en chegar as súas casas e se dolíalle moita a ferida  tiñan que curarse eles mismos. Máis tarde foron estudando os nomes das distintas ferramentas que usaban, que por certo había un montón, e iso que no observaron todas, xa que iban iban mal de tempo. E antes de acabar a nosa visita ao Quinteiro a súa simpática guía Estrella, ofrecéulles un rico trozo de pan  a cada un deles, que o comeron con moito gusto.
 

Despois dun fermoso percorrido no Qinteiro, Quinn levóunos a facer unha excursión pola fermosa flora de San Vicente. Onde ademais de aprender observaron as vistosas árbores e o extenso só de arbustos. Quinn levóunos  despois de iso aos antigos castros de San Vicente, onde  lle contou intrigantes historias deles. Tamén foron ao lugar de onde naceu o Grove. Máis tarde foron ao Adro Vello onde memorizaron xuntos as partes da súa existencia
Por último fixeron  un xogo xuntos que consistía en facer o plano do Adro Vello, que o fixeron moi ben para ser a primeira vez. E con isto acabaron a súa visita ao Quinteiro.