Semilla&Mans

Bombas de Semilla.
Estas bombas adquiríronse coas doazóns recaudadas na actividade levada a cabo no mercadillo do pobo, e grazas as aportacións desinteresadas dos veciños de O Grove.


O fin último destas bombas é crear un xardín solidario no noso cole que materialice o noso traballo en valores ao mesmo tempo que colaboramos coa ONG Semilla para el cambio.


Mercadillo Solidario.
Os nenos e nenas, xunto cos profesorado do cole, levamos a cabo unha actividade solidaria. O día 17 de febreiro puxemos un posto no mercadillo do pobo cun reto entre as "MANS".
Un dos agasallos cos que traballa a ONG Semilla para el cambio como producto solidario é as Bombas de Semilla, una pelotiña de arxila con sementes de frores silvestres. Propuxémonos crear un xardín solidario adquirindo o maior número de bombas posible, a través da doazón voluntaria da nosa comunidade educativa. Nese posto, ademáis, vendéronse manualidades elaboradas polos alumnos do cole.



O alumnado de sexto encargouse de explicar ao veciños que se atopaban no mercado en que consistía a actividade e cales eran os fins da mesma, así como de solicitar todos os permisos pertinentes ao concello.
O alumnado de terceiro, cuarto e quinto actuaron na praza do concello con recitados, bailes e cancións, como reclamo aos viandantes.
Temos que agradecer toda a colaboración recibida; á Anpa, que nos acompañou no mercado; e a todos os vecinos de O Grove que coas súas aportacións fixeron desta actividade todo un éxito.















Querémosvos presentar a ONG "Semilla para el cambio" xa que neste curso realizaremos con eles algunhas actividades moi novedosas.
Buscabamos un colectivo no que puidese repercutir o noso traballo no eido da Aprendizaxe Servicio, e xa que este curso somos "Mans de terra", atopar unha asociación chamada Semilla, e que ademáis buscase un cambio, pareceunos que faríamos moi boa parella.


O traballo de Semilla en Varanasi céntrase nos nenos e nas mulleres, por iso nós decidimos investigar sobre Que significa ser neno en varanasi? Que significa ser muller en Varanasi? traballando así o 20N: dereitos da infancia e 25N: contra a violencia de xénero.

Recibimos este xoves 24 de novembro, a visita de dous membros de Semilla, Ana e Dionisio, que nos viñeron explicar en que consistía a súa labor en India, para contárnola de primeira MAN. 
Converteuse nun momento moi agradable no que compartir experiencias e impresións, e do cal saímos totalmente convencidos de que nós algo poderíamos facer.




Para rematar a xuntanza os alumnos de cuarto e quinto diseñaron e crearon chapas, algunhas delas co nome escrito en árabe, e os alumnos de sexto, mandalas.







No hay comentarios:

Publicar un comentario